Pontevedra, ao 1 de xulio de 2010
DENDE VERDECELA A MARAZUL
OS CATRO MAGNÍFICOS: Có meu agarimo, para:
Ana, Tito e máis José Angel
Barciño pequeno perto da Praia fermosa de Agrelo,
Longo areal do Concello de Bueu
Mesas brancas con pratos brancos,
Garfos e coitelos grises e brillantes
Vasos finos, curtos e anchos
Valeiros e esperando ao espazo a ocupar
Carne ben freca ou peixe recén pescado
Mellor polvo da ría, ou unhas nécoras vermellas
Máis vermellas ca cor vermella propia
Falta ortogáfica tremenda no cartel interior
Pecado gramático mortal de longa pentente
Do Rincón de Cela, mallor; non é así señores,
Quítelle o ll e lle pon un, simple i,
Somentes isto
E temos resolto o problema ortográfic
Có perdón da Real Academia Galega da Lingua,
Liderada por X. L. Méndez Ferrín.
Escoito aos meus amigos, con interese vivaz
E agarimo constante. Observo e non falo e cando fágoo,
Invento tonterias, cáseque, constantemente,
Coma querendo rirme de min mesmo,
Mais o meu sentimento é ledo.
Estaba ledo porque convosco estaba.
Subimos custuneiras empinadas,
As estradas eran, totalmente, ruráis
As construccións fermosas, propias do lugar
Deixámolo coche na fronte do palco da música
Aínda que as festas non chegaron, todavía.
Nos facemos a nosa particular festa privada,
Con vista a Ría de Pontevedra e nun lugar público
O remate dun curso máis no almanaque do tempo constante
Séntome moi ledo, porque non amo nada a tristura,
Miro de xeito detido a pequena igrexa románica
Atendo as explicacións dun encantador aventureiro,
Namentras un señor entendido en Educación Física
Explícame o chan que rodea ao pequeno edificio,
No que din que con Deus fálase, cando o ti desexes.
Vexo a unha compañeira con agarimo,
Véndoa con ledicia e gusto
Porque conela, tmén gústame estar.
Entramos nunha casa antiga galega,
Xa todo está preparado:
A verde leituga a branca cebola
E os tomates vermellos.
Despóis un gran fuente de raia
Con patatas amarelas
E salsa de pimentón, soavemente, picante.
Descansa sempre a ampra mesa
Polo medio das súas fortas patas
Namentras nós disfrutamos
Dun anaco de felicidade constante,
A vista é fermosa, a compañeira está leda,
Estamos os catro ledos en bóa compaña.
Miramos as campás duras da pequena capela.
Miramos a casa do señor cura,
O mar está, fondamente azul,
O azul penetra con toda a súa fermosura
Sobre a superficie chá. O sol delira raiolas
Increíblees esparcendo a luminosidade
Polas parcelas de ar suspendidas
Na atmosfera voante e perfecta.
Un home avetureiro simpático e
Escaso de pelo e con corazón grande,
Vitalista, valente con ansias de superar
Os límites permisibles,
Pon en marcha o motor silencioso
Do pequeno coche de marca italiana.
Un vehículo cor gris chumbo.
De novo a ruralidade das estradas estreitas
A fermosa sensación de que vives
Afastado do mundo, mais non, demasiado, afastado.
Custa empinada, anchura dun coche só; só un.
O verde a e vella pedra antiga
Ateigan a nosa perfecta visión real e non perversa
Da beleza apartada nun recuncho da Belacela
Casa de dúas plantas, hábitat perfecta
Salón fermoso ateigado de lindos cadros
Pintura dun pai querido e axundante de albanel
Pintor sen piceis, somentes cores espaiadas
No lenzo virxe e branco
Dornas brancas e negras
Que descansan sobre o lenzo delicioso
Arbores grandes dun cadro peferto,
Cor perfecta, estructura máxima,
Marcos poderosos e coridos estupendos
Dos cadros parten barcos bellos
Vellos no tempo e bellos na suma belleza.
Como poder crear en tan espazo limitado,
José Benito Otero Baena,
Pai de tantos fillos e fillas diferentes e queridos
Tanta derroche de cor, tanto traballo perfecto.
Lembranzas africanas, americanas ou de Mongolia
Fotografías con mongoles, tan, sumamente, afastados de nós,
Lanzas logas africanas
Máscaras de gudús, libros dabondo
Escadas de madeira, ben feitas,
Lévanos a primeira planta.
Na fronte, ao traveso dun ollo de boi,
Podes mirar á belleza da ría, chamada,
Ría do Azul Cobalto.
A dereita unha bonita habitación
Habitación con cama para dúas plazas
Unha sempre ocupada
E a outra, xa, Deus, sabe, eilléde preguntar,
Que todo mírao, ao traveso do Bendito Ollo de Boi San,
As paredes azuis co coarto de baño,
Tamén son de azul cobalto,
Magnífica grifería de perfecto cobre
Billas antigas,
Ventanuco rectangular
Na mesma fronte do o ollo de boi
Pendurando diante do perfecto círculo,
Unha lámpara fermosa.
Lámpada caída no ar do salón
De linda chimenea
No estremo esquerdo de tan bonito.
Cuarto de descanso e lecer.
Sillóns cómodos para durmir e soñar
Namentras nas noitas duras do longo inverno.
Noso querido amigo, observa as lapas de lume
Perderse polo tiro da chimemea quente e fermosa
Un libro de amor, un libro de aventuras,
Unha compañia linda, unha sombra pasada na testa pensante,
O vento brúa, o Sul peta con forza na porta pechada,
E o tempo, lentamente, ou de presa, pasa.
Saímos ao verde xardín, cheo de belleza
Asumo a belleza do verde,
As súas fermosas arbres
As súas follas verdes perfectas
O chan verde, verdes campos
Arbres verdes, ou louereiros, os laraxanxeiros,
Namentras parece que estou a escoitar
As cancións de Uxía Senlle.
O can fermoso e contento
As historia da cadela Udra
As frores que Tito púxolle
Por agarimo e lembranza.
En fin todo unha tarde de ledicia
Eramos os Catro Magníficos.
Nono dubido.
Miguel Dubois
No hay comentarios:
Publicar un comentario