Mostrando entradas con la etiqueta MARILAR ALEIXANDRE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MARILAR ALEIXANDRE. Mostrar todas las entradas

sábado, 26 de junio de 2010

MARILAR ALEIXANDRE



Poemas
o labirinto do bambú
desconfía
do labirinto de bambú
hoxe cana lanzalmañá barrote
da súa multitude de espeques
(Catálogo de Velenos, 1999)




Poemas
Hai tempo foron usadas
para beber o sangue do pai,
a asa torta certifica a ruíndade,
garfo no toco, man incompleta.
Esquecida a cerimonia atroz,
nestes días a penas queiman gorxas.

("Olería de Buño", Catálogo 1998)

Poemas
haikus do Courel para Novoneyra

1
país, esquivo amante,
inalcanzable
áspera cerna.

2
¿Non ousas, faia,
ceibar da simetría
follas captivas?

3
Dovesa de Rogueira:
miden os grilos
estes meus versos.

4
levanta as saias,
vento nordés,
ispe os adxectivos.

5
perpetra a araña
labirinto de chuspe:
trampa ou poema.




Poemas
remontando a maré (4 de decembro)
que non sei se respiras ou calmeas
derrubado, país, sobre o coído
país, amante, longa foi a noite
quen sabe cando o limpo será limpo
¿foi amor ou tumulto? das beiradas
tiramos a podremia coas mans núas
¿tumulto ou resistencia? beber sudre
remontar a maré, tomar as rúas

da Vaca de Fisterra amargo ouleo
nas sirenas resoa de faro a faro
clamando polos mortos, capitáns
de gamelas perdidas nos naufraxios
dornas, bucetas, lanchas de relinga
crebadas nas arestas dos baixíos
valédenos na cerna da negrume
en tempos de extravío

o corpo nu, envolto só na rede,
baixo o lameiro negro limpa a man
resistimos, amor, cando pretenden
tomar o nome do arao en van


Fisterra, decembro 2002