Mostrando entradas con la etiqueta ÁNXELA LOUREIRO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ÁNXELA LOUREIRO. Mostrar todas las entradas

sábado, 26 de junio de 2010

ÁNXELA LOUREIRO


Loureiro, Ánxela
Ánxela Loureiro (Ánxela Loureiro Fernández) é profesora de Educación Primaria, especializada en música. A súa afección pola música levouna a formar parte do grupo folc saraibas como solista e participar na cinta casete Cancións para o ano (Xerais 1995). Traballa como investigadora na recuperación dos xogos tradicionais dende a escola. Iniciou a súa actividade como creadora en 1978 coa obra de teatro ¡Ollo hai lurpios na horta!, que acadou o premio de teatro Infantil do Ateneo Ferrolán. Publicou as seguintes obras de literatura infantil: Viaxe de ida e volta (Xerais 1996); Laia, a nena da illa (Xerais 1998); Camiño perigoso (Xerais 2002), novela, finalista do Premio Merlín 2002 e Ota quere voar (Xerais, 2003), conto, Premio Lecturas Galix, 2005 (de 8 a 10 anos), Premio Literario Frei Martín Sarmiento, 2004 (de 8 a 10 an