SER O QUE SOU
Pontevedra, ao 29 de xuño de 2010
Síntome ledo, porque sinto que vivo a vida, vivindo,
Disfrutando das raiolas soares que se estirican
E sofren de perguiza na escuridade. Amo a lus acesa
Amo a beleza enteira que me pretende,
Amo o deserto longo da túa pel longa,
Espazo que aproveito para a agarimo e o mimo perfecto.
Amo as altas montañas de O Courel, descoñecidas
No mundo real pero soñadas nas noites feiticeiras
Que achéganme ao mundo dunha floresta perfecta
Ríos longos ou estritos, regatos ou fervenzas.
Tellados de pizarra moura ou pallozas redondas
Como círculos elevados con tellado cónico.
Amo o momte puro a flor silvestre
Ámoche mellor nun lugar afstado de O Caurel
Onde non existe a paisaxe deteriorada
Ou o abuso humano ou delito ecolóxico
Serra de O Courel, espérame,
Héideche coñecer afastado
Do barullo de motores absurdos
E berros extra, fóra do lugar
No que, agora, habito.
Miguel Dubois
No hay comentarios:
Publicar un comentario