Dende o Cebreiro, o Lor, baixa namorando os ceos da montaña. A Águia, cansa de curvas puras, fica inmóvil no ár, bébeda de espacio azul. Lonxe, as neves dos cumios recortan en negro a forma do cabaleiro en besta loira que pasa sin ollar atrás, pois ísta é terra para homes rexos, homes bariles avezados aos camiños infindos da serra famenta de eternidade. O río Lor discurre entre esas montañas que se ven o lonxe..."o misterio da montaña"...Fotografía do autor da web. Baixa a modo o Lor as terras do Caurel, saltando as pedras para soñar no relanzo. Laxes afiadas coma coitelos , roseiras silvestres enfoscadas no mato, pradiños con ringleiras de choplos onde pacen as vacas, casoupas pra gardar a palla e pra se recoller na chubascada...E, sobor de todo. o misterio da montaña. Si fixéramos unha personificación do Lor, coma fixeron antergos dos ríos clásicos -un vello de longa barba verdescente-, poderíamos axeitála asín: Río Lor antes de chegar a Seoane. Fotografía do autor da web. O Lor-neno é un picariño probe, fermoso, de zocos enrugadiños no inverno, descalzo no vrán, cheo de música interior, isa música que aloumiña as entrañas duras da terra e as cobre de fermosura. O río Lor por riba de Barxa de Lor. Acostumado a "dormir coas estrelas na man...". Fotografía do autor da web. O Lor-mozo prende no peito a roseira dun corazón, e durme todas as noites cunha morea de estrelas na mau. O río Lor na Labrada, preto de onde encontra o Sil..."ainda é mozo...". Fotografía do autor da web. O Lor-home, cando encontra o Sil ao pé de Auga Levada, onde se cumpre a fusión suprema, non sabe o que é isa forza asoballante que tanto ten de morte coma de xénesis, pois aínda é mozo e os choplos do Freixeiro cantan as primicias do amor na primaveira. Xurde, entón, dos cumes ispidos, unha labarada de paixón e pureza.
|
|
MUNDO DA LITERATURA. SE NON LEES, MALAMENTE, PODES PENSAR. LEE, EXISTE, INTEGRAMENTE, E LOGO PENSA QUE XA PODES EXISTIR, DE MELLOR XEITO, PORQUE APRENDICHES DO MUNDO ALLEO,QUE NON DEIXA DE SER O TEU PROPIO MUNDO MIGUEL DUBOIS
lunes, 28 de junio de 2010
EDUARDO MOREIRAS--ANTIGO PROFESOR MEU NA DÉCADA DOS SESENTA
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario