sábado, 26 de junio de 2010

ALBERTO AVENDAÑO


Alberto Avendaño Prieto, nado en Vigo en 1957, é un xornalista e escritor galego.

Traxectoria

Xunto con Manuel M. Romón e Antón Reixa fundou o Grupo poético Rompente (1976-1982). Estudou FiloloxíaXermánica na Universidade de Santiago de Compostela. Traballou como profesor de inglés, como tradutor, actor e director de dobraxe para televisión. Viviu en Barcelona, Londres, Dublín, e Milán, desde onde colaborou para a prensa galega. Recibiu dous premios, o Barco de Vapor de narrativa infantil e xuvenil, e un premio internacional de Tradución pola tradución ó galego da novela de E.A. Poe. Arthur Gordon Pym.
Traballou para a Radio e Televisión de Galicia conducindo e dirixindo programas informativos e magazines. Como xornalista entrevistou a importantes figuras da política e da cultura: Rafael Alberti, Severo Ochoa, Fidel Castro... a mandatarios latinoamericanos e a estrelas da canción. En decembro de 1991 trasladouse a vivir a Texas, onde se licenciou Magna cum laude en Xornalismo pola Texas Tech University. En 1998 chegou a Bethesda, Maryland, nas aforas de Washington DC. Foi lector de Lingua e Literatura española na Johns Hopkins University en Baltimore, ata o ano 2000. A finais dese ano foi director do semanario El Tiempo Latino.
En 2001 estableceu unha alianza co diario The Washington Post e o 17 de maio de 2004 a compañía do Post comprou a publicación nomeando a Avendaño director xeral de El Tiempo Latino ([1]). Avendaño e a publicación que dirixe ten recibido numerosos premios nacionais de xornalismo en español en Estados Unidos.
Ademais de tradutor de Roald Dahl, Edgar Allan Poe e John M. Synge, entre outros, Avendaño é autor de dous manuais sobre medios de comunicación, dunha importante obra poética e dunha incipiente obra de ficción. Avendaño é un habitual colaborador dos medios de comunicación electrónicos en español e inglés en Estados Unidos.

Obra

  • Facer pulgarcitos tres, 1979 (poemario)
  • Aventuras de Sol, 1986 (narrativa infantil, premio Barco de Vapor)
  • O gato metido nun saco, 1988 (narrativa infantil)
  • E outras historias, 1989 (relatos)
  • Os náufragos de Malakudula, 1993 (narrativa infantil)
  • Texas, 2003 (poemario)

No hay comentarios: