miércoles, 22 de agosto de 2012

SER O QUE SOU

CAMAS RODANTES





Click Me!

Pontevedra, ao 11 de agosto de 2012




O tempo está ferido polo frío ferinte,

E pola dor, que é o principio do pracer perdido.

Camas con rodas pequenas,

Pequenos círculos de goma dura,

Atravesan as portas corredoiras e transparentes,

E longos espazos estreitos, es tensos corredores.

Internas estradas dos hospitais grandes,

Onde un berro perdido se escoita

No fondo escuro e afastado,

Dun corredor escuro.

Facianas fixan a mirada preguntona,

Na fonde da dor,

Actividade contra o sufrimento indesexado,

Onde a dor creba o principio cirúrxico,

Da básica harmonía e do sosego.

Traballadores vestidos de branco inmaculado,

Coma se foran estatuas móbiles,

De branca neve de inverno frío,

Ou verde quirófano , campo operacional,

Cirúrxico de bisturís e escalpelos,

Onde durmen totalmente ou parcialmente,

Según o caso preciso,

Os protagonistas dos espazos da dor.

Tacto perfecto de ciruxano preciso e conciso,

Pulso magnífico,

Man de ciruxano exquisito,

Bísturi perfecto ou fío interminable,

Miras o reloxo, moitas veces, incontables veces,

E non da pasado o tempo non ten presa,

E procuras empatizar có teu familiar,

Érgueste e séntaste, namentres,

Séntaste e érgueste, un sobe e baixo inquieto,

Un sentirse impotente ante o descoñecemento,

Médico, perdido en abstractas

Suposicións absurdas,

lPérdeste nos minutos pasados de tempo

E o tempo transcurrido non ten fronteiras definidas,

Nin valados e entón vives,

Coma un naufrago que non quere

Morrer no tempo e no lugar, tampouco.

Un tras ego de camas rodantes veloces,

Fagan paso Señores!,di unha enfermeira

Vestida nunha funda verde escura.

Rompen o senso va leiro dos longos corredores,

Onde no fondo pérdese unha voz longa,

Unha vez máis, dor de ferida intensa e san dante,

Namentres as pequenas rodas grises,

Son a fonte continua dun son grave e desasosegado.

Botellas plásticas transparentes,

Amosan o cumio dun mastro metálico,

Coma se fora a bandeira dos enfermos derrotados,

Saa de bo xes cirúrxico, camas perfectamente aparcadas,

Saen e entran as rodantes camas,

Onde descasan o enfermos.

Lectores sabios de doenzas concretas,

Leen detidamente, o historial clínico do enfermo,

Con xeito de seguridade e atentamente,

Preguntas sobre preguntas,a según o caso.

Quen é vostede? Non podo operar ao enfermo,

Me di o lector das historias clínicas definidas,

Debido a que non ten asinado o apartado corresponde,

Entón poñemos cara de desconsolo ou ledicia

Según o caso sexa, grave, leve oi que sei eu!

Que sería mellor?

E por, so mentes, unha firma esquencida alóngase,

O tempo para a intervención cirúrxica.

Tomben manda os protocolos burocráticos,

Denantes dunha operación cirúrxica.

Levan ao meu familiar antro o medo e a tristura,

Longas horas de espera longa e indefinida,

Perdido polas páxinas de Sol de Agosto,

Escrito polo gran William Faulkner

Namentres un dos protagonistas

Camiña polas rúas de Jefferson.

Chamadas intermitentes as familiares dos enfermos,

Pola banda do persoal sanitaria.

Laios desconsoladores ou máximas ledicias,

A sorriso nervioso e torpe as bágoas que mollan e doen,

Suores fríos frontais e as mans molladas,

Por mor dun suor húmido e nervioso.

Ou calor excesivo por mor do momento vivido,

Sen alternativa e obrigado,

Namentres o tempo avanta,

E a testa é un pensamento continuo imparable-




Míguel Dubois.

No hay comentarios: