miércoles, 1 de agosto de 2012

GREGORIO PECES BARBA

SER O QUE SOU

Pontevedra, ao 24 de xullo de 2012








Na memoria de Gregoria Peces Barba.






Sempre é difícil ter que dicir adeus,

Deixar o Mundo e afastarse na Illa Senlleira,


Onde o silencio habita e é longo e prolongado.

Cumpleu coa súa vida, de xeito espléndido,

Home loitador, denunciante de tantas inxustizas,

Naqueles tempos do abuso e do desamor denigrante,

Proceso de Burgos ou Tribunal dos Excesos,

Excesos dictatoriales ou ordes inxustas,


Aqueles horrendos *TOPS,


Aquel os consellos de guerra,


Que remataban con morte segura,


Ao preso collido co suma precisión,


Presa concisa e constante,


Xuíces de negro vestidos,


Negras togas coma


O negro carbón


Que os sacrificados mineiros,


Nas paredes negras de carbón


Rabullan con afiados picos.


Tribunais que erades o limiar


Da negra morte por anuncio próximo.


Gregorio Peces Barba Martínez


Tiña por benquerido traballo


Abrir vieiros para liberdade secuestrada,

E que logo, fixera máis xusta

A sociedade ditatorial inxusta,


Con mazo de ferro duro e frío,


Fragua do ferro líquido,

Entregado á loita e amigo da liberdade,


Persoa grata con faciana serena,


Aberto á plenitude do sorriso amplo,


Expresión de bondade constante,


Con faciana paternalista,


Que infundía confianza


Ao máis ruín penalista.

Avogado da grata verdade,

Defensor dos inxustamente con deados,


Por mor dun ditador de corazón de ferro,

Naqueles tempos de dura ditadura.

Gregorio ían abrindo as fiestras semiabertas,

Polas que penetraba un osíxeno puro e limpo,

Que facía máis doado,

Vivir na liberdade secuestrada.

Fundador con Joaquín Ruíz Jiménez,


Daquela Esquerda Democrática,


Que finalizou có seu achegamento,


Ao Partido Socialista Obreiro Español.


Fundador daquela marabilloso revista


Cadernos para o Diálogo,


De artigos densos e fondos,


Naqueles tempos de Allo Branco,


Trunfo ou o Vello Topo.


Os sete constitucionalistas,


Entre eles Peces Barba Martínez,


Foron os creadores da Constitución Española,


Ponte da ditadura horrenda a democracia plena,


Xuntos todos e de diferentes ideoloxías,


Abriron a Porta da Liberdade,


A desexadate democracia, denantes roubada,


Polo poder ditatorial dunha sociedade tremenda,


Que fixo preso a Gregorios Peces Barba,


Licenciado en Dereito pola Universidade


Complutense de Madrid,


Doutor Cum Laude,


Pola tese sobre Jacques Maritane,


Estudante posterior na Universidade


De Estrasburgo, coa especialade


De Dereito comparado.


Presidente do Congreso dos Deputados


Profesor de Dereito,


Reitor da Universidade Carlos III,


Premiado e laureado, mais homilde


Servidor do seu Pobo,


Loitador constante polo ben común.


Bon xogador de dominó,


Naquela Ribadesella de descanso.




Miguel Dubois



*TOPS..TRIBUNAIS de ODE PÚBLICO

No hay comentarios: