viernes, 22 de abril de 2011

SER O QUE SOU
SER O QUE SOU


Terras de Marín, 1 de febreiro de 2010.



Visión crara do arte de amar fondo
Fondo amo ao límite constante.
Constantemente espido o arte de amar,
Amar é a vida con quentura tenra
Tenra habita nos nosos corazóns quentes,
Quentura que fai feliz, ao ser humano abandoado,
Abandoado atópome ao tope de tódolos topes,
Topes, limites, muros outos ou longos valados,
Valados que non existen no meu interior morno,
Mormo é o líquido branco,
Branco da leite da vaca branca,
Branca escuma dunha onda perdida.
Perdida no cumio da escume branca,
Brancos son os ronseles longos,
Longos barcos que navegan polo mundo mariño,
Mariño ou mariñeiro, oficios ou mariñeiros,
Mariñeiros os pensamentos habitánme,
Habitánme en faros outos,
Outos alumeadores, avisadores, de roitas e perigros.
Perigros van deixando a babor e a estribor,
Estribor, rumbo a dereita,
Dereita vai o barco veleiro belo,
Belo da liña de frotación,
Frotación da beleza navegante,
Navegante de mares afastados,
Afastados do mundo civilizado,
Civilizado navengante
Nanvegante de vidas e mares de azuis corais,
Corai dun fondo fermoso,
Fermosura ilimitada,
Ilimitada beleza física,
Fisicamente perfecta,
Perfecta na transmisión da verba presente,
Presente ausente de pasado choroso,
Choroso vivo na lembraza,
Lembranza sen límites nen obxetivos,
Obxetivo é vivir para vivir,
Vivir o paso do día luminoso,
Luminoso significa un corazón aceso,
Aceso de soños inacabados,
Inacabado atópome no medio do espazo libre,
Liberdade pido aos catro ventos cardinais. Fermoso Norte,
Norte deliberado e querido,
Querido é o vento que acariñáme,
Acaríñame vento ventiño Norte,
O Norte enfrente dos meus ollos; quero mirar,
Mirar a senda que xa pisei no mundo pasado,
Pasado que habitas no meu corazón,
Corazón hábito é refuxio de ser quen son,
Son a camiñante constante,
Constante paso forte,
Forte situacón vivida,
Vivida oas límites constantes sometidos,
Sometidos as palabras valeiras,
Valeiros corazóns da inxustiza pervesa,
Perversión do arte do desamor.
Desamor que mata e fire,
Fire a perversión de fabricas falsas carecias,
Carencia enteira, sufrimento perfecto,
Perfecto agasallo inútil do desamor,
Non concibo o mundo da carencia afectiva,
Afectiva é a man que me dás a miña man,
Man con mans, afecto, e amor constante.











Miguel Dubois

No hay comentarios: