sábado, 21 de noviembre de 2015

MÁGOA

SER O QUE SOU

Pontevedra, ao 22 de xaneiro de 2012



A verdade, que están ocorrendo feitos incomprensibles dentro da chamada "convivencia humana", sentimento solidario ou benestar social. Irá o barco a pique? Os chamados Países Occidentais, a parte da crise económica, sofren conductas colectivas incomprensibles. Estamos a sufrir outra crise chamada a deshumanización total da sociedade actual. Supresión de servizos sociais impresdincibles para crear unha sociedade xusta e equilibrada. A fanatización da política privatizadora, xa está a chamar a porta. Privatización de servizos das Escolas Infantís de Galicia, o que supón unha baixa da calidade destas escolas, dado que as Empresas Xestoras das mesmas estarán máis pendentes do froito económico que do resultado da Educación Infantil. Todo tipo de recorte "educativo", inevitablemente, condénaos a unha sociedade moito máis feble e inxusta. Parece que a estas outuras da historia, propóñase privatizar o motor da sociedade dun país: A EDUCACIÓN. Estamos condeados ao fracaso se o Ensino Obligatorio, pasara a ser non gratuito. Quérenos facer creer que nós os asalariados, somos os culpables da crise, mais nós non fixemos nada para crear este movemento especultivo, que da o seu comezo co insuflado económico, có fenómeno da costrucción- Aquel Globo insuflado, non era o mundo real matemático, era, máis ben a falsa visión da realidade española ou irlandesa. No ano 2005 en Irlanda había áreas fermosas e verdes, onde había construccións fóra de lugar. Poño por exemplo, Killaloe, perto de Limerick, no Sur de Irlanda, lugar onde marcharon moitos irlandeses, como resultado da crise do fungo da patata, que tantas mortes, fixo, tristemente, realidade.

Hai que decer, sen ningún tipo de engano, que os tempos actuais, sopoñen un retroceso socail de magnitudes inmensurables. Da a impresión que non interesa concienciar a sociedade que SLOLIEDARIDADE, é un ben que se poder acadar que debería ser un feito común. Un pobo xunguido e forte e democrático, supón un interes que debe ser acadado. Dividir a sociedade non deixa de ser un torpeza, dado que o noso país, xa coñece o resultado da división. Deberiamos respetar a diversidade das ideas e usar a tolerancia como conduxccta sociai. Da noxo, mirar o escoitar determinados medios de comunicación social, que non se fan unha autocítica ningunha, que non permiten a tolerancia e eles, son os únicos posuidores da verdade, máis a verdade, aínda sendo única, pode ser elementos da pluralidado, dados os enfoque que cada quen da da realidade. Sen un mínimo de tolerencia, respeto, e utilización dos conceptos máis elementáis da Etica particular e social, pouco temos que facer, cando, a miudio dedicámonos a condear, sen coñecemto efectivo de causa, eso que din, a "miña lingua está de paseo". Outros utilizan técnicas equivocadas, de que toda palabra vale para descalificar. O feito de descalificar ao Mundo Alleo, é unha total, descalificación de ti mesmo.

Xa para rematar, quería decer que imos cara ao pasado e non facemos nada por construir un Mundo Mellor, porque estamos pendentes moito máis, do fenómeno individuai que da conducta sociai. Mágoa!



Miguel Dubois

No hay comentarios: