martes, 29 de junio de 2010

O DÍA FINOU

SER O QUE SOU


Pontevedra, ao 29 de xuño.

O DÍA FINOU


O día finou, antre a ledicia e a non ledicia.
As verbas fluiron polas nosas bocas moi abertas
Con senso ou sin senso, agarimantes ou lastimosas
Pasou un día máis vivido do espazo temporal.
Có paso do tempo vivido, médrame a experiencia
Namentras o tempo réstame existencia.
A vida é cuestión de suma e resta,
A vida e por
A vida é quitar
Namentras o corazón latéxanos
Sentimos a sensación de estar aquí.



Miguel Dubois

O COUREL

SER O QUE SOU


Pontevedra, ao 29 de xuño de 2010


Síntome ledo, porque sinto que vivo a vida, vivindo,
Disfrutando das raiolas soares que se estirican
E sofren de perguiza na escuridade. Amo a lus acesa
Amo a beleza enteira que me pretende,
Amo o deserto longo da túa pel longa,
Espazo que aproveito para a agarimo e o mimo perfecto.
Amo as altas montañas de O Courel, descoñecidas
No mundo real pero soñadas nas noites feiticeiras
Que achéganme ao mundo dunha floresta perfecta
Ríos longos ou estritos, regatos ou fervenzas.
Tellados de pizarra moura ou pallozas redondas
Como círculos elevados con tellado cónico.
Amo o momte puro a flor silvestre
Ámoche mellor nun lugar afstado de O Caurel
Onde non existe a paisaxe deteriorada
Ou o abuso humano ou delito ecolóxico
Serra de O Courel, espérame,
Héideche coñecer afastado
Do barullo de motores absurdos
E berros extra, fóra do lugar
No que, agora, habito.


Miguel Dubois

É A HORA DE DESCANSAR

SER O QUE SOU


Terras Atlánticas da Galicia Fermosa. ao 28 de xuño de 2010

É HORA DE DESCANSAR

Decir que me vou, sen verbas expresas de desdpedida concreta,
Decir que marcho e quizáves volte por mecanismo vital
Se o artiluxio humano segue a súa vital función.
Vivir para vivir, para achegarme á túa palabra máxica
E cubrir o deserto íntimo da palabra perdida.
Marcho para voltar sen marcharme, totalemente
Quizáves sexa unha retirada indiferente,
Un parar do tempo laboral correspondente
Pero teño que marcharme ás Illas Oceánicas
Pero teño que marcharme aos Outos Montes
Dos Ancares Galegos, Montañas Fermosas
Refuxio dun habitat perfecto
E de unha fauna privilixidada.
Vóume, quizáves no me achegue
Ao Mundo Valeiro
Carente de sentimentos íntimos.
Debo marcharme durmido
Nun soño real e habitado.
Debo descansar o hábito inusual
Debo permaneces nunha serenidade concreta.


Miguel Dubois