miércoles, 19 de mayo de 2010

REFLEXIÓN INTERNA

Pontevedra, ao 26 de abril de 2010


REFLEXIÓN INTERNA

Que tenra palabra inventaría
Para facer a vida tranquila e levadeira.
Que infame resulta o insulto e o feito descalificativo.
Cando queres saber o certo de tódolo certo.
O vocabulario provocativo e perverso,
Fai que a xente deixe de estar tranquila
E alimentada por un sutil sosego natural.
Trabúcasen a verdade en miserias inauditas.
E a miseria medra no que non era miserento xa.
A verdade fica soterrada cunha falsedade dirixida.
Vinganzas absurdas e provocacións inauditas
Forma parten do discurso absurdo.
De que xeito tremendo dividen,
De que xeito escuro,
Impoñen o que non debía suceder
E acontece por mor dun egoísmo ilimitado.
Palabras absurdas, sentencias disparatadas.
Queriamos ter superado os traumas pasados,
Mais miramos que era unha relidade ilusoria.
Tomo parecía que ía sobre rodas perfectas.
Mais existían liñas divisorias,
Falso pluralismo, convidado de pedra dura
E xurdíu un muro divisorio e intelorante.
Todo o que ben se quería facer
Estaba mal feito, afirmados por xente
Que somentes quería o seu benestar particular.
Non era homes e mulleres interesados
No progreso común, no ben social
Dunha sociedade creente no pluralismo,
Na diversidade, nas lingüas dos Pobos do Estado.
Que respeto pode haber a quen soterra
A lingua dun determinado Pobo.
Porque arríncase a singularidade e a idiosincrasia
De cada un dos Pobos de España.
Porque rexeitamos a parte da nosa identidade propia.
Porque non queremos ser o que somos.
Sería coma unha fuxida espantosa de nós mesmos.
Sería como unha fuxida espantosa e desequilbrada.
O acontecer da vida enteira, podería ser
Un eido aberto as ideas plurais
A vida non ten senso lóxico
Vivindo na descalificación.
Atopa teu Norte propio, aquel que non fira
E refresca as túas ideas propias,
E fai de ti un ser que se indentifica,
Cóntigo, para recoñecer que eres,
Unha vez recoñecido contigo mesmo,
Irás na busca dos demáis, sen berros nen absurdas esixencias
Para, así, poder construir unha sociedade tolerante.
Cando será ese día que queimaremos as armas mortíferas.
Cando faremos a sociedade da paz e do sosego,
Cando remataremos cós xenes violentos
Que rematan coa paz a chaman a dor
E arrincan da vida de seres iñocentes.
Dame toda a forza para arrincar a miseria
Dame a paz enteira contigo compartida
Dame un bico lene cuberto de cariño aberto.
Non remates có silencio lento e soave,
Namentras o vento de Norte Ceive,
Sopra polas chimeneas espidas.
Azul está o serán ventoso,
Azul están os teus ollos grandes.
Canto coa delicia de contigo estares,
A túa rente, sempre, que soporto mellor a vida,
Para vivila con toda a fondura posible.
Xúngome a ti en fermoso abrazo
Non che podo explicar canto che quero.
A vida vivo vivindo cada cacho dela
Qué é como un barco ceive,
De cadeas pesadas e pesos inútiles.
O vento todo, o mar enteiro
O mar verde ou azul o pensamento aberto
O desexar o que escápase das mans,
O máis elemental sosego que equilíbrame
Violenza absurda aniña nas Illas Afastadas
Dos Negros Corboráns Absurdos
Afástate, palabra absurda
Adsurda máquina mintireira.
Pon a verdade absoluta por diante,
Vive para vivir,
Non para mentir.
Miguel Dubois.

XESÚS

Pontevedra, ao 17 de da Maio de 2010
Uxío forte e valente,
vóa silandeiro
Polos ceus do Caurel limpo.
Uxío Nononeyra
Voz galega inesquecicible,
Fonte aberta a calidade poética
                                              A XESÚS  PORTAS FERRO
Sempre estás no lugar que ocupas, prudente,
Vencellado ao mundo da cultura galega
E a música fonda que cura as dores  tremendas
Das almas feridas polo tempo inaudito.
Véxoche hoxe, có sorriso aberto.
Sentado nunha silla sencilla.
De pernas  cruzadas
Todos estades contando contos,
Aquelo que nos chama
As esquencer a dureza do tempo e o sufrimento
A túa esquerda unha neninha no colo da súa mae.
Un sorriso infantil, un ser do futuro inacabado,
Todos levades papeis nas máns ateigas de letras de contos
As máns cheas de papeis fantásticos,
Con ledicia, para soñar en voz alta.
Será a vida un conto enteiro
Que non sabemos como rematará?
Caras felices, todos eles e elas formando
Unha humana roda e conta os contos máxicos
Non aos  abusos da vida cotiá
Non  as metiras ferintes cotiás,
Deixádeme xunguirme a esa roda máxica
Querido Xesús: a vida é un conto chinés.
Despóis de escribirche  a tí Querido Xesús:
Os que  creemos no idioma galega.
Marchamos a Compostela
A reinvidicar o que nos pertence,
O noso querido idioma galego
Rexeitado polo complexo e a incultura.
Percorremos as Rúas da Cidade, berramos outo,
Reivindicando o que nos queren roubar,
Aquelo que nos pertence por herencia  propia,
Namentras X. L. Méndez Ferrín e Feijóo
Corpartían foto para dous nas Terras de Novoneyra,
Foto chamativa ou dos polos opostos.
Hoxe, ti Xesús, voltaches, ao diario
A dirixir aos túa Coral,
Tiñamos algo importante que celebrar
O Día das Letras Galegas
O Ensalzamento do Universo Novoneira,
As alfombras de Frores da Asocoación do Burgo
O galego, Xesús, nuncá morrerá, abofé.
Vaia co meu agarimo para tí.
                      Miguel   Dubois